Obxectivo xeral

O obxectivo primordial do presente proxecto da Cátedra é producir resultados de investigación e a súa transferencia á sociedade, e a formación de especialistas no contexto dunha Educación Transformadora.
Todo isto conseguirase fundamentalmente a través das Vicerreitorías do Campus de Pontevedra e da Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación, xunto con outros convenios locais, nacionais ou internacionais de cooperación e desenvolvemento con institucións e empresas tanto públicas como privadas, canalizado a través da Universidade de Vigo.

Obxectivos específicos

  • Mellorar a formación do persoal docente e investigador para adaptala ás necesidades e retos que requiren a implantación dunha Educación Transformadora, baseada na sustentabilidade social.
  • Apoiar os procesos de innovación educativa para a modernización e transformación da escola, seguindo a perspectiva da UNESCO, co fin de centrar a aprendizaxe na resolución de problemas mediante unha dinámica interaccional.
  • Fomentar os principios da aprendizaxe dialóxica: diálogo igualitario, intelixencia cultural, transformación, dimensión instrumental, creación de sentido, solidariedade e igualdade de diferenzas.
  • Desenvolver ferramentas para a integración entre a acción social e a educación co obxectivo de concienciar sobre a importancia de intervir nos contextos sociais e familiares, e non só no educativo.