Proxecto Fact-checkers
A difusión de noticias falsas e boatos a través das redes sociais e aplicacións de mensaxería instantánea tense convertido nun problema global, con efectos en múltiples ámbitos, desde a política e os procesos electorais á saúde ou a proliferación dos discursos do odio. De xeito paralelo, tamén medrou nos últimos anos a visibilidade e relevancia das iniciativas de verificación de datos, dos fact-checkers, que fan uso destas mesmas plataformas, empregadas cada vez en maior medida como vía de acceso á información, para loitar contra a desinformación. Analizar as características formais e narrativas dos contidos xerados polos fact-checkers iberoamericanos co propósito de identificar que factores poden contribuír a facer virais estes contidos e lograr así unha maior difusión é un dos obxectivos centrais da investigación que desenvolve o grupo Sepcom, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Seleccionado na convocatoria de proxectos de I+D+i Retos Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación, o proxecto, que se estenderá ata 2022, comprende tamén a elaboración dunha serie de recursos didácticos para a alfabetización dixital da cidadanía.
Formación en Xustiza Restaurativa e Xustiza Terapéutica
Desenvolvemento e benestar das mulleres vítimas de violencia de xénero desde a Xustiza Terapéutica
Este proxecto presenta un gran interese científico e social, xa que se centra na análise de elementos victimizadores nos procesos de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero no ámbito xudicial, tendo en conta a percepción da vítima. Para iso, evalúase a percepción das vítimas dos espazos físicos, a formación do persoal que atende ás mulleres vítimas, as condicións da declaración, as medidas adoptadas de adopción, a duración do proceso, as condicións asociadas á celebración do xuízo, así como a percepción subxectiva de benestar das vítimas de violencia de xénero.